1ª XOR RÍAS BAIXAS O GROVE CRÓNICA

0
171

ACTAS
       O sábado celebrouse a primeira xornada da temporada 8 da Conferencia Rías Baixas. A LNB chegou á nosa comarca, alá polo 2 de outubro de 2011. Desde aquela, xogáronse 111 xornadas ata o día de hoxe. Pois ben, un paso máis, no intento de consolidar a práctica da billarda na provincia de Pontevedra, veu da man da constitución da Asociación Cultural e Deportiva Billarda Rías Baixas, que a partir deste temporada encargarase da organización da LNB Conferencia Rías Baixas. 
       Desde logo, a nova ACD empezou con algúns cambios organizativos que buscan axilizar o xogo e facelo máis comprensible para xogador@s e espectador@s. Así, incluíuse a presenza dun taboleiro, onde se mostran as actas para que se poidan seguir as puntuacións carreira a carreira. Ademais, sempre que o terreo de xogo o permita faranse 6 campos co obxectivo de eliminar o tempo de espera. Isto implica que as arbitraxes faranse de xeito compartido entre xogador@s do grupo. 
         O sistema de competición desta temporada busca que máis xogador@s teñan posibilidades de xogar a Fase de Cruces eliminatorios. Así, sempre se farán 6 grupos na primeira fase e despois pasarán as 4 mellores puntuacións de cada grupo á Fase de Cruces. Deste xeito, 24 xogador@s terán opcións de ganar a xornada. Os cruces teñen a novidade que se farán en tríos (1º cruce), en parellas (2º cruce) e a final en cuarteto.
O equipo local LAXE DE RONS tivo unha actuación moi destacada, só por detrás dos 3 grandes equipos da Conferencia.

        Os resultados proclamaron a “Cristiano” Pirucha como dominador da xornada. Ricar sitúase en segunda posición grazas aos ptos conseguidos na Fase de Grupos 21 (máxima puntuación de todas), e en terceira posición está Outeiro, que foi a sorpresa da xornada e axudou a Corredoiras a ganar por equipos. Manu de Armadiña sitúase en cuarta posición, empatado con Fari e Juanma. Ricardo Lois, quen sempre ten boas actuacións no comezo de temporada, cerra o grupo de xogadores que conseguiron chegar ou superar os 20 ptos. 
        Na categoría feminina, magnífica actuación de Tania, que foi a única muller que xogou a fase de semifinais. Así, a clasificación deixa á de Valpaços Terra Quente con 5 ptos de vantaxe sobre Lu. Elas foron as únicas que superaron os 10 ptos. Bego, a pentacampioa de Conferencia, obtivo uns discretos 8 ptos, pero volve a partir como clara favorita ao título. Os mesmos puntos conseguíu a actual Campioa Nacional, Adriana. Elena Sabarís confirma que pode loitar por postos de podio e Yaiza continúa a súa progresión. 
       Na categoría Infantil, Óscar Caldas, claro favorito ao título esta temporada, con permiso de Yaiza, xa se destaca con 16 ptos. 
OSCAR INF ARM 16
YAIZA INF VAL 9
HUGO INF GHA 2
AINHOA INF ARM 1
XIÁN INF LÚA 1
ALEXIS INF ARM 1
ANTÍA INF GHA 1
MARÍA CALDAS INF ARM 1
XAÍNZA INF LÚA 1
NANUQ INF RIN 1
AKI INF RIN 1
NAIA ARM 1

CARMEN PAZOS, a decana da LNB (acadará os 84 anos en decembro). volveu para quedarse.

        Aviso importante: Charri non pode sacar fotos e ao mesmo tempo ter un rendemento deportivo axeitado ao seu talento. Polo tanto, desde a vindeira xornada haberá un novo fotógrafo que axudará a sacar imaxes instantáneas do desenvolvemento do xogo para dar visibilidade a este deporte marabilloso.

         A PARTIR DA VINDEIRA XORNADA as fotos que faga Santiago, de Valpaços, poderanse ver descargando una aplicación gratuita de móbil. Quen queira facelo debe enviar a sua dirección de email a santiagodominguezcobas@gmail.com e recibirá instruccións e un contrasinal para acceder a elas.



ARMADIÑA asegura que o seu principal obxectivo é unha praza para a Final LNB de Equipos 

A medición dos campos foi supervisada por Agrimensores da Diócese do Salnés.

Corredoiras complementa o seu cadro de xogador@s con xente do filial. Quen poderá vencer ao equipo de Bueu? 

CASILDA e MANOLO FARIÑA

MOITAL e LUÍS CAMIÑA

YOLI

JUANMA, ZAIRA e ADRIANA



O Coroceiro un varado estratosférico (a 50 metros estaba situado o varal).

ANTÍA
LU

CRIS NORRIS arbitrou unha semifinal e a final sen complicacións

Deixar resposta

Please enter your comment!
Pon aquí o teu nome